Blog Pegadas

Solicitudes de presuposto:
Para poder enviar un presuposto formal e personalizado, son necesarios os seguintes datos: Nome Comercial e Fiscal, CIF/NIF, enderezo, CP, localidade, Provincia, teléfono e correo electrónico, e o enderezo de entrega en caso de ser distinto ao habitual.
Nas solicitudes de presuposto deberás indicar claramente:


✗ Formato da entrega de arquivos (podes envialo directamente e nós asesorarémoste sobre a
validez do mesmo, ou consultar na guía de envío de arquivos)
✗ artigo/s ou referencia/s
✗ cor/es, ou cando menos se son prendas brancas ou de cor (en caso de téxtil)
✗ unidades
✗ tallas, ou cando menos se son prendas de neno ou adulto (en caso de téxtil)
✗ número de cores da marcaxe, posición/s e tamañoo aproximado

En caso de teres algunha dúbida, o noso departamento comercial poderá asesorarte: 981907190 / attcliente@pegadas.es.
Se a solicitude tivera todos os datos necesarios para a elaboración do presuposto, nun prazo de un/dous días o recibirás. En caso contrario porémonos en contacto para subsanar calquera dúbida que se nos presentase.
Para poñoernos a traballar necesitamos:


✔ A túa aceptación formal do presuposto

✔ Comprobante de transferencia/ingreso

✔ Logotipo/s


Envío de arquivos: Por correo electrónico, ao FTP ou plataforma de transferencia de arquivos.


FORMATOS DE ARQUIVOS:


A tamañoo real de impresión en formato jpeg, tiff, psd o pdf a 300 ppp.
Marcaxe de Artigo publicitario ou téxtil:


Os formatos válidos para executar os traballos son: Indesign (.indd), Ilustrator (.ai), freehand (.fh), Corel (.cdr) ou Phtoshop (.php). En modo CMYK
Impresión dixital: TIFF, JPG, Corel, Freehand, Photoshop a unha resolución de 300 ppp. En RGB NUNCA ENVIAR EN CMYK.
Os arquivos enviados noutros formatos (word, paint ou escaneados) poden facer incrementar o importe do presuposto por retoques de deseño.


✔ Unha vez recibido o arquivo empezaremos a traballar na elaboración dun previo que che enviaremos nun prazo de aproximadamente 2 días para que nos des o ok.
✔ é moi importante que revises ben: a posición, cor/es, texto, tamañoos e posibles erros tipográficos, xa que unha vez aceptado non poderemos facernos cargo de posteriores reclamacións
✔ As pantallas e fotolitos son propiedade de Pegadas. únicamente se devolverán os fotolitos que entregara o cliente.


PRAZOS DE ENTREGA:


é importante que nos des o ok ao previo canto antes para que podamos cumprir estes prazos ou os acordados.
O prazo de entrega sempre pode variar según stock, transportes, carga de traballo, tamañoo do encargo..., factores dos que serás informado cando isto ocurra e acordaremos unha data.


Para prazos de entrega inferiores aos estipulados (urxentes) deberás consultar co departamento comercial.
Artigo publicitario ou téxtil marcado:
10 días laborables unha vez aceptado o presuposto, sempre que cumpramos o prazo de aceptación do previo de 24 h.
Artigo publicitario ou téxtil sen marcar:
5 días laborables.
Marcaxe de artigos ou prendas:
5 días laborables desde a recepción da mercancía e do logotipo. Recorda que terás que aceptar tamén un previo e aceptalo en 24 h. máximo.
Impresión Dixital e Rotulación:
O prazo de entrega e/ou instalación pode variar en función dos tamañoos, produtos ou complexidade do traballo, polo que se acordará co cliente en cada caso.


PREZOS:


Pegadas resérvase o dereito de modificar os prezos sen previo aviso.
Todos os nosos prezos non netos, non inclúen IVE.
Os prezos de marcaxe (serígrafía, tampografía) inclúen: Fotolitos, pantalla e posta en máquina.
Non están incluídos os gastos de envío.
As mostras considéranse como un pedido máis, polo que se cobrarán según presuposto.
AXENCIAS: Terán importantes descontos e facilidades para presentar os nosos produtos aos seus clientes (tarifas especiais de marcaxe).

ENVÍOS:
Salvo indicación expresa do cliente os nosos envíos se realizan a través de Tipsa. Para envíos fóra da península e internacionais consultar co departamento comercial.
Os portes serán cargados en factura.
Portes gratuitos a partir de 600 € por pedido e destino excepto en pedidos de papelería e cerámica e nos que únicamente efectuemos a marcaxe (só válido na península).
Os portes dos clientes rexistrados como axencias correrán sempre pola súa conta. Recomendamos que envíen a súa propia axencia de transportes.


FORMAS DE PAGO:
Transferencia bancaria / ingreso en conta como confirmación do pedido. Tarxeta.
Contado.
Para outras formas de pago consultar co departamento comercial.


RECLAMACIÓNS:
Poderá haber un incremento ou disminución de entre o 5% e o 10% nas entregas da mercancía marcada.
Unha vez marcada a mercancía non se permitirá ningún cambio ou reembolso salvo erro cometido pola nosa empresa á hora da elaboración de fotolitos e pantallas.
O cliente dispón de 7 días para efectuar calquera reclamación sobre artigos en mal estado ou deteriorados quedando exentos os 2 puntos anteriores.


CONDICIÓNS DE MARCAXE SERIGRAFíA E TAMPOGRAFíA:

Se necesitas cantidades superiores ás tarifadas solicita presuposto.
Nos prezos están incluídos gastos de cliché, fotolito, pantalla e posta en máquina.
No desembolsado dos artigos non se conservará a bolsa interior.
Recomendamos que nos pedidos só de MARCAXE o cliente traia os artigos desembolsados. En caso contrario aplicaremos a tarifa de desembolsado correspondente.
O estuchado / embolsado incrementará o coste según o produto.
Algúns artigos, polas súas características ou dificultade, poderán sufrir un incremento no prezo de marcaxe, o que será comunicado antes da realización do traballo.
O cambio de cor / tinta nun mesmo traballo tén un coste adicional
O cambio de moldes para a impresión de obxectos co mesmo cliché ou pantalla ten un coste adicional.
Nos pedidos inferiores á cantidade mínima estipulada en cada tarifa, se cobrará dita cantidade.


CONDICIÓNS DE IMPRESIóN DIXITAL GRAN FORMATO E PLOTEADOS:
Nos prezos non está incluída a man de obra de colocación dos materiais, que será presupostada aparte.
Para pedidos de menos de medio metro cadrado aplicarase a tarifa mínima (0,5 m.)